Serhiy Zhadan
Serhiy Viktorovych Zhadan (ucraíno: Сергі́й Ві́кторович Жада́н), nado en Starobilsk no óblast de Lugansk.o 23 de agosto de 1974, é un poeta, novelista, ensaísta e tradutor ucraíno.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Graduouse na Universidade de Khárkiv en 1996 e pasou tres anos como estudante graduado de filoloxía. Deu clases de literatura ucraína e mundial desde 2000 até 2007, cando se retirou do ensino. Vive e traballa en Khárkiv.
Zhadan traduciu poesía do alemán, do inglés, do bielorruso, e do ruso; e de poetas como Paul Celan e Charles Bukowski. As súas propias obras foron traducidas a moitas linguas como o alemán, o inglés, o polaco, o serbio, o croata, o lituano, o bielorruso, o ruso e o armenio.
En marzo de 2008 a tradución rusa da súa novela Anarchy in the UKR chegou como finalista do premio «Superventas nacional» e foi candidata para «libro do ano» na Exposición internacional de libros en Moscova.
Crítica
[editar | editar a fonte]A prosa de Zhadan é tan poética, o seu verso libre tan prosaico. É difícil asignarlle un xénero á súa obra: memorias, diario de viaxe, meditación oportuna ou intempestiva - ou unha mestura de todo isto centrada nos temas de «a miña xeración» e «a nosa época».[1]
Non se poden resumir as improvisacións picantes, quentes e feroces de Sergei Zhadan - isto é jazz verbal. Cando o les, temes pola literatura rusa contemporánea: entre todos os que escriben agora no idioma ruso, non hai ningún que tan infernalmente libre (e libre sobre todo da prosa «do escritor», da tendencia a «producir unha impresión»).[2]
Obras
[editar | editar a fonte]Poesía
[editar | editar a fonte]- Генерал Юда, (El general Yudas) 1995.
- Пепсі, (Pepsi) 1998.
- Вибрані поезії, (Os mellores poemas, historias psicodélicas de peleas e outras tonterías: poemas seleccionados, 1992-2000) 2000.
- Балади про війну і відбудову, (Baladas da guerra e reconstrución), 2000.
- Історія культури початку століття, (A historia da cultura a principios do século), 2003.
- Марадона, (Maradona ), 2007.
- Ефіопія, (Etiopía), 2009.
- Лілі Марлен, (Lili Marleen) 2009.
- Вогнепальні й ножові, (Feridas de bala e cortadas), 2012.
Prosa
[editar | editar a fonte]- Біґ Мак, (Big Mac, colección de historias curtas), 2003.
- Депеш Мод, (Depeche Mode), 2004.
- Anarchy in the UKR, 2005.
- Гімн демократичної молоді, (Himno da xuventude democrática), 2006.
- Ворошиловград, (Voroshylovgrad), (2010)
- Месопотамія, (Mesopotamia), (2014)
Compilacións
[editar | editar a fonte]- Капітал, (Capital), 2006 - inclúe todo menos A historia da cultura a principios do século, Big Mac e Maradona.
Poesía antoloxiada
[editar | editar a fonte]- Станислав+2, (Stanislav+2), 2001.
- Время `Ч`. Стихи о Чечне и не только, (Tempo de "Ch" - Versos sobre Chechenia e non só), 2001.
- Мы умрем не в Париже, (Non morreremos en París), 2002.
- История культуры, (A historia da cultura), 2004.
- НеИзвестная Украина, (A Ucreína descoñecida), 2005.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Rostislav Mel'nikov, Yuriy Tsaplin. Ростислав Мельников, Юрий Цаплин. Noreste del sudoeste: La literatura contemporánea de Járkov, La revista literaria nueva, 2007, Nº 85.
- ↑ Kirill Ankudinov, Aventuras en abril, VZGLYAD.RU, 5.06.2008.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Serhiy Zhadan: un encuentro en la encrucijada de literato y activista Arquivado 14 de maio de 2018 en Wayback Machine.
- A poesía de Serhiy Zhadan
- Perfil en Vavilon.ru
- Entrada en Speaking in Tongues
- Entrada en Literatura de la Net
- Versos traducido por A. Pustogarova
- Zhidan lendo un poema en Donetsk
- Zhidan lendo «Lukoil» en Polonia
- Traducións por Yelena Fanáilova